xoves, 19 de xuño de 2014

Rain man

Este mércores os membros do club de lectura rematamos as actividades deste curso cun xantar na cafetería do centro e un pase de cine pola tarde. A película escollida foi Rain man, e serviu para ilustrar a lectura do último trimestre: O curioso incidente do can a medianoite. E, como o prometido é débeda, aquí vos quedan as fotos da comida e da sesión de cine. Na cafetería do centro preparados para xantar!:
Seis belezas facendo a dixestión e gozando da caloriña da tarde sentadas no xardín do centro!:
Pablo e Santiago entre confidencias!:
Os membros do club diante da hortensia que nos dá nome. Saca a foto Nazaret que non quere saír retratada!:
Momento do visionado da película na biblioteca:

mércores, 11 de xuño de 2014

Xantar e tarde de cine

Ola hortensianos: xa informamos esta mañá a moitos dos nosos membros sobre as actividades do mércores 18 de xuño. Para os que non puidestes asistir á reunión de hoxe, deixámosvos aquí o plan do día. O próximo mércores quedamos a comer no centro e pola tarde veremos unha película relacionada coa última lectura deste curso. Proximamente pasarémovos as autorizacións para asinar na casa. Deica!