martes, 16 de outubro de 2012

Vídeo dun fragmento de "O principiño"

Aquí vos deixamos un fragmento dunha película baseada no libro. Recoñecédelo? Relede o capítulo VIII e atoparedes este anaco.

Biografía de Saint-Exupéry


Antoine Marie Jean-Baptiste Roger de Saint-Exupéry foi un escritor e aviador francés que naceu en Lyon, o 29 de xuño de 1990. Orfo de pai desde moi neno, pasou xunto aos seus catro irmáns boa parte da infancia con súa nai e súa tía no castelo dos avós maternos en Saint-Maurice-de-Remens.
Sempre estivo obsesionado co mundo da aviación, de feito cumpriu o servizo militar nas Forzas Aéreas francesas. Era tal a súa paixón que chegou a pagar do seu peto as clases de voo.
Durante un accidente fractúrase o cranio e, obrigado pola familia e pola súa prometida, deixou a aviación dedicándose a traballos burocráticos e iniciándose no xornalismo. A partir de entón descobre unha nova paixón: a lectura. Empeza agora a escribir os seus primeiros contos e poemas.
Pero a aviacións seguían turrando por el e, tras romper o seu compromiso, fíxose piloto comercial. Foi un dos pioneiros dos voos postais internacionais.

O 30 de decembro  de 1935, Saint-Exupery xunto con Andre Prevot tiveron unha aterraxe forzosa no deserto do Sáhara , camiño de Saigón. Trataban de voar desde París a Saigón en menos tempo que calquera outro piloto, por un premio de 150.000 francos. Ambos sobreviviron á aterraxe pero sufriron os estragos da rápida deshidratación no deserto. Non sabían onde estaban e o único que tiñan para alimentarse eran uvas, dúas laranxas e unha pequena ración de viño. Ambos experimentaron alucinacións visuais e auditivas. O terceiro día estaban tan deshidratados que deixaron de transpirar. Finalmente, ao cuarto día, un beduíno en camelo descubriunos, salvándolles a vida. O relato Terra de homes (Terre des hommes), refírese a esta experiencia.
Despois duns dous anos en América do Norte, Saint-Exupéry regresou a Europa para voar coas Forzas francesas libres na 2ª Guerra Mundial.
Unha noite de xullo de 1944, despegou dunha base aérea en Córsega, e non regresou. Unha muller informou ter visto un accidente de avión polo mediodía do 1 de agosto. Un corpo sen identificar usando cores franceses foi atopado varios días despois ao sur de Marsella e enterrado en Carqueiranne en setembro.
Saint-Exupéry foi dado por desaparecido. Antes de despegar deixou escrito enriba da súa mesa de traballo: “Se me derriban non estrañarei nada. O comechón do futuro non me asusta e odio a súa virtude robótica. Eu nacín para xardineiro. Despídome, Antoine de Saint-Exupéry.”
En 1998, un pescador atopou, ao leste da illa de Riou, ao sur de Marsella, unha pulsera de prata co nome de Saint-Exupéry e da súa esposa. En 2000, un buzo encontrou un avión esnaquizado no fondo do mar fronte ás costas de Marsella, preto de onde se encontrou o brazalete. Os restos do avión foron recuperados en outubro de 2003. O 7 de abril de 2004 confírmase que o avión atopado era o del.
As súas primeiras obras, O aviador (1926), Correo do Sur (1929) e Voo nocturno (1931), seguen a liña da evocación romántica do feito de voar, incidindo no cumprimento do deber aínda a risco de perder a propia vida.
As obras seguintes, como Terra de homes (1939) e Piloto de guerra (1942), inciden na filosofía humanista, reflectindo vivencias persoais durante a Segunda Guerra Mundial.
O principiño (1943) é unha fábula infantil para adultos debido á súa lectura alegórica. Postumamente publicáronse os seus cadernos de notas reunidos baixo o título Cidadela (1948).
Outros títulos seus son: Carta a un refén (1944), Notas da xuventude (1953), Cadernos (1953), Cartas a súa nai (1955), Escritos de guerra (1982), Manon, a bailarina (2007), Cartas ao descoñecido (2008) e O meu querido Steven (2010).

Benvida ao curso 2012-13

Ola hortensianos!!!!!!!!!! Por fin estamos aquí. O club xa se reuniu: somos 15 membros de momento, pero sabemos que imos máis! Xa sabedes que empezamos coa lectura de O principiño de Antoine de Saint-Esxupéry. Imos lelo en galego, castelán e francés. De momento ninguén optou por facelo en inglés. Lembrade traer o próximo día a recompilación coas mellores frases do libro. Como premio polo "esforzo" faremos unha lectura en francés dun dos capítulos. Ata a semana.