mércores, 21 de marzo de 2012

Ola hortensianos

Ola a todos os hortensianos. Non andamos perdidos nin vagueando. Hai demasiado traballo e pouco tempo para achegarnos ao blog. Este trimeste ademais de ler o teatro, puxémonos a facer unha actividade demasiado ambiciosa, tanto que nin tempo nos queda. Titúlase "Aliméntate de historias... devora un libro" e reúne unha exposición na que se amosan momentos literarios baseados na comida e tamén unha lectura na biblioteca dos fragmentos escollidos.
Ao longo destes días iremos colgando fotos tanto das lecturas como das distintas exposicións que temos. Para ir abrindo boca: explicamos por que a condesiña de Castelao morre dunha enchente de cereixas e non de amor, como dicían por aí. Ou que alimentos ccuriosos aparecían en Alicia no país das marabillas, que a facían medrar ou minguar en cada caso. Deixámosvos unha foto da mesa coa exposición de Alicia



Por suposto lemos no recreo o fragmento exacto da aparición da galleta "Cómeme"... e tamén degustamos durante a lectura dunhas galletas, parecidas ás de Alicia pero sen efectos secundarios. Aí vos quedan unhas fotos da lectura feita por Andrea Méndez Santorum.